lunes, 7 de febrero de 2011

CORREDOR DA MEMORIA - Fútbol de mulleres

Dentro da sección "corredor da memoria" encargada de sacar á luz as vellas valentías do fútbol na nosa parroquia. Traemos hoxe esta imaxe na que podemos ver un equipo de fútbol feminino. Un dos moitos equipos que tradicionalmente disputan un partido durante as festas do verán. Neste caso vemos un grupo de mozas no vello campo do Artón. (De pé: Pilar, Lolita, Victoria, Marilola, Gelucha, Loli, María José, Eva. De xeonllos: Manolita, Esther, Pancha, Minga, Cándida e Carmiña)


Esperemos, entre todos algún día, poder superar unha asignatura pendente da sociedade deportiva Esteirana. Como é o de poder contar en competición oficial de xeito permanente con un equipo de fútbol de mulleres. Ánimo rapazas, mirade para as vosas nais e... ADIANTE !!!

No hay comentarios:





Seguidores