domingo, 27 de febrero de 2011

AVISO IMPORTANTE AOS SIAREIROS...

A semana pasada embargaron a conta bancaria a Esteirana por mor da indemnización que hai que pagarlle ao Banco Vitalicio pola morte dun home nas carrilanas do ano 2000. Aínda que Esteirana foi condenada inxustamente alá polo ano 2006, agora estamos obrigados a facerlle fronte a unha débeda moi importante para as nosas posibilidades económicas.
O embargo da conta bancaria que efectuaron agora significa a imposibilidade de afrontar os gastos ordinarios da sociedade no que queda de tempada... Recordemos que participamos en todas as competicións oficiais de fútbol dende as categorías benxamín ata senior. E a enorme dificultade que agora inxustamente se nos presenta fai albiscar un futuro incerto para histórica Esteirana...

miércoles, 23 de febrero de 2011

RESULTADOS DA XORNADA...


Sábado 26.
.
Cadete. ESTEIRANA 1 - CORME 1
Benxamín. F7. OUTES 3 - ESTEIRANA 5
Alevín. F7. OUTES 3 - ESTEIRANA 4
.
Domingo 27.
.
Infantil. BAIO 1 - ESTEIRANA 3
Senior. ESTEIRANA 4 - PORTEÑO 1

miércoles, 16 de febrero de 2011

RESULTADOS DA XORNADA...

Sábado 19.
.
Cadete. DUMBRÍA 6 - ESTEIRANA 1
Infantil. ESTEIRANA 12 - MUXÍA 3
Benxamín. Fútbol 7 ESTEIRANA 2 - MUROS 3
Xuvenil. FISTERRA 3 - ESTEIRANA 1
Senior. BUÑO 1 - ESTEIRANA 0
Alevín. Fútbol 7 ESTEIRANA 7 - MUROS 0

miércoles, 9 de febrero de 2011

RESULTADOS DA XORNADA...

Sábado 12.
Cadete. ESTEIRANA 10 - FISTERRA 1
Xuvenil. ESTEIRANA 2 - CEE 4
.
Domingo 13.
Infantil. ESTEIRANA 2 - DUMBRÍA 4
Senior. ESTEIRANA 2 - UNIÓN VIMIANZO 0

lunes, 7 de febrero de 2011

CORREDOR DA MEMORIA - Fútbol de mulleres

Dentro da sección "corredor da memoria" encargada de sacar á luz as vellas valentías do fútbol na nosa parroquia. Traemos hoxe esta imaxe na que podemos ver un equipo de fútbol feminino. Un dos moitos equipos que tradicionalmente disputan un partido durante as festas do verán. Neste caso vemos un grupo de mozas no vello campo do Artón. (De pé: Pilar, Lolita, Victoria, Marilola, Gelucha, Loli, María José, Eva. De xeonllos: Manolita, Esther, Pancha, Minga, Cándida e Carmiña)


Esperemos, entre todos algún día, poder superar unha asignatura pendente da sociedade deportiva Esteirana. Como é o de poder contar en competición oficial de xeito permanente con un equipo de fútbol de mulleres. Ánimo rapazas, mirade para as vosas nais e... ADIANTE !!!

jueves, 3 de febrero de 2011

A XORNADA DA FIN DE SEMANA

Sábado 5.
Cadete. BAIO 2 - ESTEIRANA 2
Xuvenil. SONEIRA 7 - ESTEIRANA 1
.
Domingo 6.
Infantil. C.CARNOTA 2 - ESTEIRANA 6
Senior. DUMBRÍA "B" 2 - ESTEIRANA 0




Seguidores