domingo, 27 de febrero de 2011

AVISO IMPORTANTE AOS SIAREIROS...

A semana pasada embargaron a conta bancaria a Esteirana por mor da indemnización que hai que pagarlle ao Banco Vitalicio pola morte dun home nas carrilanas do ano 2000. Aínda que Esteirana foi condenada inxustamente alá polo ano 2006, agora estamos obrigados a facerlle fronte a unha débeda moi importante para as nosas posibilidades económicas.
O embargo da conta bancaria que efectuaron agora significa a imposibilidade de afrontar os gastos ordinarios da sociedade no que queda de tempada... Recordemos que participamos en todas as competicións oficiais de fútbol dende as categorías benxamín ata senior. E a enorme dificultade que agora inxustamente se nos presenta fai albiscar un futuro incerto para histórica Esteirana...

No hay comentarios:





Seguidores