jueves, 3 de diciembre de 2009

DELEGACIÓN DE A CORUÑA: LIGA 2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3

CLASIFICACIÓN

1. C.F. DUMBRÍA. (12)
2. BERGANTIÑOS "B" C.F. (9)
3. S.D.CORISTANCO (9)
4. CABANA S.D. (9)
5. S.D.ESTEIRANA (3)
6. SANTA COMBA C.F. (3)
7. C.D.BAIO (1)
8. MUXÍA C.F. (1)
9. E.D.M.CARNOTA (0)
10. CORME C.F.(0)

XORNADA 4 03/01/2010



MUXÍA C.F. 1 - BERGANTIÑOS "B" C.F. 8

SANTA COMBA C.F. 1 - CABANA S.D. 4

S.D. CORISTANCO 3 - C.D. BAIO 0

E.D.M.CARNOTA 0 - C.F.DUMBRÍA 3

CORME C.F. 0 - ESTEIRANA 9
Campo: O Cairo (Corme).
Árbitro: Luis E. Pérez Fernández.

Corme: 1.Braulio, 2.Jose, 3.Bruno, 4.Sergio, 5.David, 6.Diego, 7.Isaac, 8.Eloy, 9.Ismael, 10.Enrique, 11.Rubén. Suplente: 12.Ángel.

Esteirana: 1.Tobío, 2.Dani, 3.Jose, 4.Rafa, 5.Tiko, 6.Damián, 7.Raúl, 8.Abraham, 9.Mitri, 10.Pablo, 11.Adrián. Suplentes: 12.Xaquín, 13.Manuel, 14.Sergio.



Goles: Damián (1), Mitri (2), Pablo (3), Adrián (3).




AVISO: O AUTOBÚS PARA CORME SAÍRA AS 8:15 H. DA ALAMEDA.





DESPOIS DAS XORNADAS DE DESCANSO E A QUE TÍÑAMOS CONTRA O SPORTING ZAS, QUE SE RETIROU, VOLTAMOS A COMPETICIÓN O 3 DE XANEIRO CONTRA O CORME C.F.





XORNADA 1 06/12/2009


CABANA - ESTEIRANA (4-0)
BERGANTIÑOS B - ZAS
DUMBRÍA - CORME (9-1)
BAIO - SANTA COMBA (1-10)
CORISTANCO - MUXIA (6-0)
CARNOTA (D)

As cores da Esteirana



Nunha primeira impresión parece que as cores azulgrana da vestimenta do noso equipo de fútbol poderían deberse a unha certa preferencia por parte dos siareiros da parroquia de Esteiro polo equipo catalán.

Se ben é certo que hai un numeroso grupo de xente que alenta polo FC Barcelona. E que reunidos ao carón de Tabota no bar Local da Esteirana, disfrutan coa práctica do fútbol alegre e combinativo do que fai gala o clube barcelonés. A verdade é que a orixe das camisetas con raias verticais azuis e vermellas do equipo de fútbol de Esteiro está na outra beira do océano atlántico.

A práctica do fútbol chegaría a Esteiro a principios do século XX. Ao igual que en moitos portos da costa galega, da mán dos operarios das fábricas de conservas. En 1915 a familia vasca Legarda instalou en Esteiro unha fábrica de conserva de peixe. E foron os traballores desta nova industria os primeiros que implantaron en Esteiro a moda de xogar ao balón na praia do Artón.

Andado o tempo sería a Protección Social Esteirana, unha entidade concebida como mutualista agraria e que se convertiría en pouco tempo no auténtico motor da parroquia, a asociación que creou o equipo de fútbol de Esteiro.

No albor da segunda república española foron os veciños emigrados en Bos Aires os que enviaron a Galiza unha equipación completa coa que ía xogar o equipo de fútbol de Esteiro. Tratábase da equipación azul e vermella coa que xogaba o clube atlético San Lorenzo de Almagro, fundado a primeiros do século nun barrio de Bos Aires.

O barrio bonaerense de Boedo era coñecido por ser unha terra políticamente incorrecta na que vivían moitos anarquistas, entre os que había varios esteiráns. Neste barrio humilde de Bos Aires, o crego Lorenzo Mazza conseguíralles en 1908 a un grupo de rapaces os terreos que precisaban para xogar ao fútbol. Así naceu o clube San Lorenzo de Almagro.

Parece ser que foi deste xeito como os mozos de Esteiro empezaron a lucir as cores azulgrana por toda a ría e por moitos outros portos de Galiza. Este feito foime confirmado dos dous grandes afeccionados ao fútbol. Polo señor Vidal da Ribeira de Creo, con quen compartín admiración polo Celta. E por Juanito Romaní, cando por fin voltou a Esteiro logo do seu truculento exilio americano de máis de corenta anos. Asegún me transmitiu tamén o señor Torea de Uhía, e mesmo aparece publicado no libro de Manuel Torres Fernández sobre o fútbol en Esteiro, a sociedade Esteirana formaría tamén un equipo de rapaces que competiría co nome de Infantíl Esteirana e luciría unhas camisetas feitas coas teas dos sacos de fariña do economato existente no seo da Protección Social Esteirana.

Moi probablemente sería este recordo dos tempos pasados. A lembranza dunha "sociedade" Esteirana moi presente na memoria prohibida dos esteiráns. O que animaría no tardofranquismo aos daquela directivos do clube para federar un equipo co nome de Esteirana. E que xogase ao fútbol vestindo unha camiseta con raias verticais azuis e vermellas.
Estas notas solo son algúns dos moitos alicerces do futbol en Esteiro. No que como poidemos comprobar tivo moita influencia o fútbol arxentino. E non solo na creación da Sociedade Deportiva Esteirana. Mesmo no campionato de fútbol local da parroquia, o equipo do lugar do Maio adoptaría o nome de Ciclóns. Moi probablemente nun recordo tamén do clube arxentino San Lorenzo de Almagro, que tanta inlfuencia tivera no fútbol esteirán.

E ben sabido que o clube San Lorenzo de Almagro coñécese popularmente polo ciclón.
“Señores...yo soy de un barrio....barrio....de corazón... señores...yo soy de BOEDO....y soy hincha del CICLON..."

domingo, 6 de septiembre de 2009

TEMPADA 2009/10 - PARTIDOS DE PREPARACIÓN

Mister:
Dr. J A N E I X O

Plantilla:
Manuel José, Jose, Damián, Rafa, Samuel, Dani, Pablo, Abraham, Mitri, Adrián, Raúl B., Manuel Fernández, Adrián Riomao, Tobío, Tiko, Sergio, Raúl Ramos, Iván, Manel e Xaquín.

05/09/2009 DUMBRÍA - ESTEIRANA (1-2)

19/09/2009 ABANQUEIRO - ESTEIRANA (2-0)

10/10/2009 ATL.OLEIROS - ESTEIRANA (1-9)

24/10/2009 CARREIRA - ESTEIRANA (2-2)

31/10/2009 DUMBRÍA - ESTEIRANA (3-5)

08/11/2009 CARNOTA - ESTEIRANA (1-10)

28/11/2009 CABANA - ESTEIRANA (1-8)

miércoles, 8 de julio de 2009

HEROES DA COMPOSTELA CUP


Na categoría sub-13 de fútbol 7 o equipo do dr. Janeixo, integrado por Manuel José, Damián, Dani, Raúl, Samuel, Adrián, Abraham e Juán foi quen de chegar a semifinais da Compostela cup. Caemos diante da E.D.Vigo 2015 que remataría campión ao gañarlle ao Conxo de Santiago.



O EQUIPO EN 2009...





O EQUIPO EN 2008...






















Seguidores