sábado, 5 de marzo de 2011

GRACIAS !!!...

A Esteirana quere agradecer sinceiramente as mostras de afecto e solidaeirade que estamos recibindo por parte de moitas persoas e entidades nestes momentos difíciles para a nosa sociedade. E de maneira moi especial queremos agradecer o cariño recibido por parte dos clubes de fútbol da Costa. Gustaríanos poder respostar individualmente a todas pero non nos resulta posible.
Nós estamos convencidos que sairemos adiante. Sabemos que fomos condenados inxustamente polas eivas do funcionamento da administración pública. Se non a conto de qué ten que ser unha sociedade como a nosa a que teña que encargarse e responder dunha festa declarada de interese turístico de Galicia.
Nós estamos convencidos que sairemos adiante cos valores da sociedade representados nas cores da nosa camiseta roxa e azul. A forza do noso mar azul e o coraxe do sangue roxo da nosa xuventude. Estamos seguros que coa unión de todos esto solo será un mal recordo na nosa grande historia. ESTEIRANA SEMPRE !!!

No hay comentarios:





Seguidores