domingo, 22 de agosto de 2010

PARTIDOS DE INICIO DA TEMPADA 2010/2011

Foi unha satisfactoria xornada a deste domingo cos nosos amigos do ATLÉTICO OLEIROS de Ribeira. Os resultados dos partidos foron os seguintes:

INFANTÍS: Esteirana 7- Oleiros 1


CADETES: Esteirana 3 - Oleiros 3



XUVENÍS: Esteirana 0 - Oleiros 4



SENIORS: Esteirana 0 - Oleiros 0


domingo, 15 de agosto de 2010

CICLÓN CAMPIÓN



O EQUIPO DOS CICLÓNS DO LUGAR DO MAIO RESULTOU CAMPIÓN DO XXXIII CAMPIONATO DE FÚTBOL DE ESTEIRO TRAS GAÑAR NUNHA DISPUTADA FINAL CONTRA O EQUIPO DO CARALLO SANTO DE SOLLEIROS. O RESULTADO FINAL DO ENCONTRO FOI DE EMPATE A UN E O CICLÓN RESULTOU GAÑADOR NA TANDA DE PENALTÍS...

Felicidades campións !!!

sábado, 14 de agosto de 2010

PARTIDOS DE PREPARACIÓN

cadetes

15/08/2010 OUTES 7 - ESTEIRANA 1
14/08/2010 ESTEIRANA 0 - CONXO 7
31/07/2010 ESTEIRANA 1 - ORILLAMAR 4

miércoles, 14 de julio de 2010

SAN LORENZO DE ALMAGRO

Como sabedes as cores da Esteirana proceden da outra beira do Atlántico. Foron uns esteiráns emigrados en Bos Aires os que enviaron nos anos trinta do século pasado unha equipación completa coas cores do equipo de fútbol que había no barrio no que eles vivían. Este equipo é o San Lorenzo de Almagro. Así foi como se uniformou oficialmente un equipo de fútbol no seo da Protección Social Esteirana. E dende aquela o roxo e o azul son as cores da Esteirana. O roxo do sangue da nosa xuventude e o azul do noso mar....

Neste video podedes coñecer algo máis sobre o Clube Atlético San Lorenzo de Almagro...

lunes, 12 de julio de 2010

SÁBADO 17 - FESTA FIN DA TEMPADA 2010



Todos (pais e fillos), que queiran acudir á cea do vindeiro sábado 17 no LOCAL da Esteirana deberán anotarse como moi tarde, antes do mércores 14 de xullo.





Seguidores