lunes, 7 de febrero de 2011

CORREDOR DA MEMORIA - Fútbol de mulleres

Dentro da sección "corredor da memoria" encargada de sacar á luz as vellas valentías do fútbol na nosa parroquia. Traemos hoxe esta imaxe na que podemos ver un equipo de fútbol feminino. Un dos moitos equipos que tradicionalmente disputan un partido durante as festas do verán. Neste caso vemos un grupo de mozas no vello campo do Artón. (De pé: Pilar, Lolita, Victoria, Marilola, Gelucha, Loli, María José, Eva. De xeonllos: Manolita, Esther, Pancha, Minga, Cándida e Carmiña)


Esperemos, entre todos algún día, poder superar unha asignatura pendente da sociedade deportiva Esteirana. Como é o de poder contar en competición oficial de xeito permanente con un equipo de fútbol de mulleres. Ánimo rapazas, mirade para as vosas nais e... ADIANTE !!!

jueves, 3 de febrero de 2011

A XORNADA DA FIN DE SEMANA

Sábado 5.
Cadete. BAIO 2 - ESTEIRANA 2
Xuvenil. SONEIRA 7 - ESTEIRANA 1
.
Domingo 6.
Infantil. C.CARNOTA 2 - ESTEIRANA 6
Senior. DUMBRÍA "B" 2 - ESTEIRANA 0

lunes, 31 de enero de 2011

PAIXÓN ROXA E AZUL: O VELLO CAMPO DO ARTÓN


Nesta imaxe de Esteiro podemos ver o vello campo do Artón. Auténtico templo do noso fútbol e verdadeiro serón dos peloteiros na parroquia de Santa Mariña de Esteiro durante décadas. Os novos valores da Esteirana deben ser sabedores que nesta area do Artón vivíronse grandes tardes de gloria futbolística azulgrana. Que o campo foi convertido nun parque no ano 1996. E que afortunadamente nesta paraxe a nosa sociedade conserva alí o edificio do Local Social.

jueves, 27 de enero de 2011

A XORNADA DA FIN DE SEMANA



Sábado 29
.
Cadete. ESTEIRANA 3 - CORISTANCO 1
Xuvenil. SANTA COMBA 8 - ESTEIRANA 1
.
Domingo 30
.
Infantil. 10:30 h. ZAS 2 - ESTEIRANA 13
Senior. 16:00 h. ESTEIRANA 2 - SOFÁN 2

martes, 25 de enero de 2011

EQUIPO SENIOR - LIGA DA COSTA


O equipo senior compite na 2ª autonómica - grupo 2 (LIGA DA COSTA)





Seguidores